GALIZA E A INDEFENSIÓN APRENDIDA

Non sei se coñecedes o experimento de Martín Seligman que expuña a dous cans, pechados en cada un na súa gaiola, a descargas eléctricas ocasionais. Un deses cans tiña a posibilidade de accionar un dispositivo coa boca para deter a descarga, mentres que o outro animal non tiña medios para facelo. O tempo de descarga era igual para ámbolos dous cans, xa que a recibían no mesmo momento, e cando o primeiro can cortaba a electricidade, o outro tamén a deixaba de recibir.
O efecto psicolóxico en ámbolos dous animais era moi distinto; mentres o primeiro amosaba un comportamento e un ánimo normal, o outro permanecía quieto, triste e asustado, co que a importancia da sensación de control no estado de ánimo parecía amosada. Incluso cando a situación cambiaba para o segundo animal, e xa si podía controlar as descargas, non era quen de darse conta e seguía a recibilas sen intentar nada para evitalo.
Seligman empregou este experimento para falar da teoría da INDEFENSIÓN APRENDIDA para intentar explicar un dos mecanismos da depresión.
Pois ben eu creo que co pobo galego, a nivel psicosocial, pasou algo parecido. Os galegos e galegas ao longo de moitos séculos lles quitaron a percepción de control sobre o seu destino, fomentando entre outras cousas un forte locus de control externo e unha INDEFENSIÓN APRENDIDA moi arraigada na cultura popular, véxase expresións como “ti non podes facer nada, non podes cambiar nada...”, “hai que baixar as orellas..”, “eles teñen a tixola polo mango”...etc.
Nin que dicir ten que calquera manifestación de poder se apoiou no pasado e se apoia agora no noso país nesta cultura para non aplicar ningún tipo de acción democrática e seguir tratando a cidadanía como se fose menor de idade. (Igrexa, Administración, Empresas, Partidos políticos...). Si os partidos políticos tamén, a proba máis sangrante a temos cos 16 anos do PARTIDO POPULAR DE GALICIA, pero o que é máis lamentábel é que tamén se aproveitan desta situación os partidos de esquerda, e aínda peor o BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, quen defendeu ao longo de tantos anos a dignidade dos/as galegos/as, a autodeterminación do pobo galego, é agora son un dos centros de poder que reforza a INDEFENSIÓN APRENDIDA CULTURAL DO POBO GALEGO, para a realización de políticas ANTI DEMOCRÁTICAS, PATERNALISTAS, CLIENTELARES.... É lamentábel e deplorábel.
É hora que exista unha organización que lle devolva a percepción de control á cidadanía, que vexa que as súas decisións son tidas en conta e que son partícipes dos seu devenir.
Posto por MacLapfer.

Chúzao
del.icio.us



