Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Decembro 2008

As listas do QUINIUPGA.

ofalarnontencancelas 30/12/2008 @ 12:36
images37.jpg

 

 

Algúns medios fanse eco das listas do BNG e poñen en titulares que so irán os estómagos agradecidos de Quin e os da U. e que os críticos se quedarán fóra.

Pero se isto a min non me sorprende nada, era o obxectivo do "King", facer do BNG un novo CIU á Galega, unha confluencia de dúas forzas que se repartan o poder da organización, unha organización cada vez máis antidemocrática, e onde os militantes voten a Búlgara iso si sen voz na asemblea nacional, o que diga o "King" de turno.

Lamentábel, sigo a perguntarme porque quedan os críticos neste BNG desvirtuado, desligado dos valores orixinais do mesmo. Por que motivo esperan a súa agonía o seu paso ao ostracismo. Non o entendo, non entendo porque non se organizan e crean a REFUNDACIÓN DO NACIONALISMO ASEMBLEARIO para volver a empezar de cero, se o fixesen terían o meu voto, xa que agora me atopo orfo para as vindeiras eleccións.

 

Posto por MacLapfer.

 

BOAS FESTAS A TOD@S!!!

ofalarnontencancelas 24/12/2008 @ 18:13

fondo-arbol-de-navidad.jpg

"Facer que todo cambie para que todo siga igual"

ofalarnontencancelas 19/12/2008 @ 09:48

 

 304fe27f7762b665b2ef2c5060e43ec99d5b0752.jpg

Isto é inconcebíbel o "King" Quin gastando orzamentos en publicidade para o tema de exclusión social nas vallas das paradas  dos buses das principais cidades galegas cunha foto dun/ha hipotético/a excluído/a co eslogan "hoxe é el/a mañá podes ser ti" (esta publicidade é carísima), e despois me entero que segue a dar cartos a entidades relixiosas para que sigan a facer caridade cos máis vulnerábeis da sociedade nos comedores económicos e albergues.

 Unha vergoña Sr Quin. O que ten que facer é deixar de malgastar os  orzamentos  facendo publicidade institucional e seguindo a manter ordes relixiosas.

O normal nunha sociedade democrática, laica e digna sería crear  albergues públicos nas grandes cidades galegas para que os sen teitos teñan a oportunidade de asearse, durmir ao quente e axudalos a conseguir un emprego protexido, dándolle recursos para que teñan sensación de control sobre a súa propia vida.

Temos que fuxir así da indefensión adquirida reforzada ao longo de moitos anos con malas políticas asistenciais e de caridade.

 Non é de recibo que se teña que aturar a cambio dun plato quente ningún dogma relixioso nin a indigna caridade que contribúe a distruír aínda máis a estes cidadáns/ás.

 

Posto por MacLapfer

DEFLACIÓN

ofalarnontencancelas 17/12/2008 @ 17:09

 

2007111273crash_flecha2.jpg  

DEFLACIÓN

A verba encomeza a facerse sitio nos medios de comunicación: a deflación, é coma unha inflación negativa, unha evolución dos prezos medios á baixa varios meses consecutivos.

Varios indicadores explican a gravidade desta crise. Nos EE.UU., os prezos á produción tiveron o maior retroceso dende 1.947. En China, estase a constatar un ralentizamento dos prezos ao consumo: coa taxa das exportacións á baixa, as empresas miran cara o mercado interior, o que fai que os prezos teñan que baixar. En Europa o prezos das materias primas baixan, petróleo principalmente pero tamén outras materias. En todo o mundo fúndese o sector inmobiliario...

A mecánica é simple. A crise do crédito, afecta ao comercio internacional, reduce a demanda de materias primas e dos produtos cuxos prezos caen. Os países produtores, tocados a súa vez por ditos retrocesos, reducen as súas importacións e diminúen os seus prezos para soster a oferta. Unha espiral cara abaixo que ten o risco de autoalimentarse. Para certos países emerxentes, as consecuencias son nefastas.

Situados na súa incapacidade de equilibrar as súas relacións financeiras co resto do mundo, son a vangarda dos desordes monetarios e están sometidas polo FMI a novas restricións.

 A todo isto temos que engadir o repliegue da especulación. Os fondos que fixeron cartos co petróleo, os cereais ou o niquel, fixeron unha desbandada catastrófica, provocando unha caída en pidado nos parqués. É por isto que o barril de petróleo que valía 150 dolares en xullo pasa agora a valer so 50. Ocurriu unha cousa moi similar  na crise de 1.929.

Agora numerosos especialistas conversos á filosofía intervencionista do estado reclaman "unha acción intelixente do Estado como regulador dos mercados imperfectos". Algúns, tradicionalmente posicionados máis á esquerda constatan que na situación actual "soamente os Estados poden gastar" e defenden "un aumento coordinado dos orzamentos públicos", co fin "que a débeda pública reemplace á débeda privada". Pero tanto os especialistas liberais como os da esquerda en materia económica evitan abordar unha cuestión esencial: cal debe ser a fin destas accións da colectividade e do público, para que deberían servir, baixo que criterios? Debería consistir nun endurecimento das regras, máis para seguir facendo o mesmo, ou de cambiar as regras do sistema e a súa finalidade?

A cidadanía debería tomar parte activa (é hora de non baixar as orellas e facerse oír) neste momento histórico para forzar o cambio das regras do sistema cara unha maior transparencia e democratización dos sistema financeiro. A súa vez deberíase aproveitar para devolver o protagonismo aos entes  públicos que sexan garante do benestar da súa cidadanía e corrixan as desigualdades e desviacións do mercado.

Posto por MacLapfer.

"Mariña D´or"

ofalarnontencancelas 05/12/2008 @ 09:51

Atopei este video en you tube paréceme que as veces hai que rematar a semana cun pouquiño de humor, a pesar de todo.