Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Novembro 2008

Novas Xeracións Hitlerianas Liberais

ofalarnontencancelas 19/11/2008 @ 10:26

 

cdm13323.jpg

 

Deus nos libre que gañe o Partido Popular dentro duns dez anos porque non hai máis que ver como andan as súas Xuventudes Hitlerianas do partido, cunha mensaxe Ultraliberal que ningunha dereita nin liberal nin conservadora de Europa se atreve a propor. Pero xa se sabe España quer ser por fin vangarda en algo, en fascismo cecais?

A quenda da vergoña!!!

ofalarnontencancelas 14/11/2008 @ 13:12



images64.jpg

En que sociedade vivimos?, cando centos de persoas fan quenda para mercar un video xogo violento que foi prohibido ata no Xapón.

Miles de rapaces facendo unha quenda de 8 horas, a verdade que os teñen ben controlados mentres están coa video consola "xogando a matar" non están levantando barricadas por un mundo máis xusto e por riba aprenden a eliminar, por se un día o teñen que facer nunha situación que non sexa tan virtual.

De verdade, moito desprestixar a xuventude do maio do 68 pero dame un/ha so/a mozo/a daqueles levantando barricadas cos adoquíns das rúas por cen destes que fan quenda por un video xogo.

 

Posto por MacLapfer.

O soño cumpriuse?

ofalarnontencancelas 05/11/2008 @ 16:56

Noraboa EEUU, por fin parece que o pobo norteamericano madurou, ou polo menos parte del. (A américa profunda segue en pañáis, Nebraska, Texas, as dúas Dakotas....)

É posíbel que OBAMA  decepcione co tempo, porque o sistema está putrefacto, Washington está putrefacto, e despois de tanta financiación recaudada deberá moitos favores que lle van coartar a liberdade de acción en cada un dos temas prometidos no programa electoral.

Pero non é menos certo tamén  que o mero feito de que o pobo Norte Americano vote de xeito masivo a unha persoa de cor, co nome de Barack Husein Obama, cun programa máis social do habitual para ser Estados Unidos, amosa un gran desexo de cambio, despois de tantos anos de padecemento da cidadanía máis modesta desta nación  (máis de dez anos), agudizado agora pola crise destes últimos meses. Polo que sería convinte que os futuros colaboradores da casa blanca o teñan en conta, non xoguen coa esperanza de tantos millóns de persoas e polo menos se atrevan a cumprir cunha parte do programa electoral coa marxe de manobra que lles quede e facer dos Estados Unidos un país maís habitábel, democrático e humano.

Por iso poño este video en homenaxe dunha persoa que no seu día tivo un soño, ao mellor empezou a cumprirse, quen sabe.