O COCHE OFICIAL E OUTROS GASTOS

A xente está indignada pola nova do coche oficial de Touriño, é non me estraña, nesta época de crise onde centos de persoas estarán proximamente na quenda do SERVIZO PÚBLICO DE "DESEMPREGO", onde cos nosos tributos, os nosos orzamentos e digo nosos porque vai sendo hora que estes politiqueiros saiban que eses cartos non son deles, son nosos, están a pagar a catástrofe de catro especuladores sen participación pública nas empresas (non é por nada pero se vou pagar a chapuza dos especuladores capitalistas quero unha participación pública nestas empresas e neses bancos, quero en definitiva que se nacionalice), e aínda por riba temos que oír que nos temos que esforzar, que hai que apertar o cinto, que veñen malos tempos, en definitiva que "hai que foderse", o de sempre o que ten, ten e o que non, pois excluído, porque hoxe é el, pero mañá podes ser ti, como di a campaña de Vicepresidencia do II plan de exclusión social.
Pero o do coche de Touriño é unha parte mínima, xa que se a todo iso lle sumamos que Galiza debe ser o país con máis coches oficiais por cada mil habitantes, onde calquera "Petit Maitre" que se cre a vangarda do proletariado (agora proletariado de centro iso si) ten un coche oficial (seino ben algúns deles foron á universidade comigo, os mais marxistas que ninguén, os máis femenistas que ninguén... iso si xa algo me cheiraba daquela que eran calquera cousa menos demócratas, cando se carteaban coas xuventudes Comunistas de Korea do Norte) .
Pero o gasto supérfluo da Xunta de Galiza non so se limita nos coches oficiais, non hai mais que ver o moito que traballan as empresas de publicidade, produtoras de TV e o sector da industria gráfica en xeral para a xunta, debe ser o único sector que non está en crise facendo propaganda institucional, ao mellor é para iso que o Quinigá obtivo eses 125 millóns de euros máis para salvar o sector da industria gráfica, e o do sector automobilístico de luxo. Non sei terei que mirar a "Quin tv e Quin te ve" a ver se mo explican.
Posto por Mac Lapfer

Chúzao
del.icio.us




