Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Agosto 2008

Solucións liberais á crise capitalista global?

ofalarnontencancelas 29/08/2008 @ 10:33

 images62.jpg

 

A crise do sistema capitalista é evidente por iso me fai graza que a dereita liberal do Estado Español veña co seu paquete de medidas neoliberais para solucionar a mesma. Eu me pergunto que tipo de oposición teremos que facer diante das políticas da Franza, Alemaña, Estados Unidos... onde a crise é aínda mais sanguinolenta.

Obama é o candidato á presidenza dos EE.UU., non sei se terá a valentía de facer unha política mais social (no suposto de que gañe as elecións, xa que para intentar gañalas fixo un xiro brusco ao centro para captar o voto republicano mais centrista e os demócratas máis conservadores o de sempre gañar co voto do centro), pero é o que lle queda, facer o New Deal do século XXI, xa que a globalización capitalista está a facer destrozos nas familias, sobre todo nos sustratos sociais máis modestos pero tamén na clase media dende hai xa moitos anos (finais noventa).

É hora de darlle unha reviravolta ao sistema, de recuperar os valores do estado de benestar que permita un mínimo de dignidade a súa cidadanía, para que partindo dunha igualdade de oportunidades cada un se desenvolva ata o máximo das súas capacidades tendo en conta iso si como punto de referencia sempre os dereitos humanos e o desenvolvemento sostíbel.

Hoxe máis que nunca, cómpre reforzar os estados para cumprir dita premisa, non dende unha perspectiva igualitaria (xa que esta coarta a creatividade, non nos enganemos non todos somos iguais) senón, insisto,  dende unha perspectiva de igualdade de oportunidades ( cumprimento de necesidades mínimas dignas que permita o desenvolvemento das nosas potencialidades). 

Débese reforzar os estados e débese globalizar os dereitos sociais para frear as desfeitas da globalización económica, débese frear por supervivencia en occidente porque o capital non entende de fronteiras so de ganancias e se non lle poñemos freo chegara o día que o terceiro mundo poda estar na porta das nosas casas xa que o mercado estára trasladado ás economías emerxentes (China, India, Brasil...)

Para isto é importante que os Estados Occidentais lle fagan boicot aos produtos das economías emerxentes que non cumpran cunha garantía mínima de dereitos sociais, fomentando tamén a súa cidadanía ao consumo responsábel informando dos produtos que non deben consumir se non queren ser vítimas da globalización.

Por todo isto me fai moita graza que nos veñan con recetas neoliberais para solucionar a crise, cando gran parte destas son as responsábeis da situación na que nos atopamos.

 

Posto por MacLapfer

RECAPACITAR É DE SABIOS

ofalarnontencancelas 29/08/2008 @ 09:45

 

 images61.jpg

Nada este posto é moi curto, simplemente darlle a miña hora boa ao noso presidente Touriño por recapacitar e non adiantar as eleccións. Ben é certo que a opinión pública xa estaba en contra dese adianto porque era evidente cal era a verdadeira relación causa - efecto de dito adianto (ningunear a Galiza canto antes), pero de todos os xeitos lle dou a hora boa porque creo que é unha decisión que lle honra.

 

Posto por MacLapfer.

CANTIGA DE BERCE

ofalarnontencancelas 08/08/2008 @ 09:41

Tamén me gusta a música do país. Alí vai unha de Fuxan os ventos para a sección da música de Maclapfer.