Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Xulio 2008

Malos tempos para Galiza

ofalarnontencancelas 30/07/2008 @ 09:25

 

 images60.jpg

Corre o rumor que o PSdeG (que por certo seguirá sendo unha franquía do PSOE ao non ter valor en crear un PSG con estatutos  proprios) quer adiantar as eleccións no outono. Moitos poden pensar "que mais ten" pero eu ando un pouco preocupado por varios motivos porque adiantan a este exercicio os gastos que supón para os orzamentos públicos unha campaña electoral, o cal vai ao peto de todos e en plena crise,  todo pola interese de afianzarse no poder antes de que a crise, si a crise que non queren nomear, lles pase factura. Ademáis unha vez que se consiga revalidar o goberno da Xunta o PSOE  ten canto antes vía libre  para ningunear a Galiza (para que esperar a marzo do 2.009), porque se unha cousa teño moi clara é que a crise vai se empregar para pasar unha vez máis de NÓS.

Temos que ter en conta, que por moito que nolo queira vender Quin Quin, os dous escanos de BNG en Madrid non son suficientes para exercer presión a ZP, e que os acordos de goberno serán o máis probábel con CIU, e xa sabemos o que significa isto. Unha política de centro dereita que esquece a Galiza.

Coa outra franquía (PPdeG) so perderían o poder, xa que ningunear nos ningunearían con maior alegría ao perder ao goberno "amigo".

Polo que creo que sexan os que sexan os resultados electorais  dame a mín que veñen malos tempos para Galiza.

 

Posto por MacLapfer

 

 

The Police

ofalarnontencancelas 15/07/2008 @ 12:39

 Outro grupo da miña adolescencia que quero compartir na sección de música de MacLapfer.

ACORDO SOBOR DO CLIMA?

ofalarnontencancelas 09/07/2008 @ 09:27

 

 images59.jpg

"A comunidade internacional non pode escapar das súas responsabilidades" xura a alemana Merkel...."Xa pasamos a un nivel sen volta atrais, un verdadeiro progreso", nos vende o Petit Napoleón Sarko.

Unha vez máis un novo acordo histórico sobor do clima do G8  asinado no Xapón, para ser sinceiros pasiños de bebé dados polo xigantes económicos. O G8 chegan á conclusión de que convén adoptar coma obxectivo a redución de polo menos un 50%, de aquí ao 2050,  das emisións mundiais de CO2, responsábeis de quentamento climático. Estes berros xa se deron no pasado e non levaron a ningures.

Unha cumbre patética, falan do 2.050, eu daquela tería 82 anos, a moi longo prazo, pero non falan nada de reducir o efecto invernadeiro de aquí ao 2.020, ningunha referencia. Por riba os países máis ricos se negan a servir de exemplo esixindo aos pobres ou en vía de desenvolvemento a cumprilo escrupulosamente.

Greenpeace lamenta este comportamento e di que este acordo non vai impedir o caos climático. Oxfam di que a este ritmo no 2.050 a terra xa estará cocida, WWF clasifca de "patético" a persistencia do G8 de esquivar a súa responsabilidade histórica. Temos que ter en conta que os países do G8 emiten eles sos un 80% das emisións.

Vai sendo hora que dean exemplo.

Posto por MacLapfer