Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Maio 2008

A miña xuventude

ofalarnontencancelas 29/05/2008 @ 15:12

Con esta canción, The River (1.980) descubrín ao "Boss" e despois percorreu comigo gran parte do camiño da miña xuventude. Por isto pensei que era importante que tamén estivera na sección de música de MacLapfer.

Posto por MacLapfer

A dereita xa fai das súas en Londres

ofalarnontencancelas 28/05/2008 @ 10:13

 

 images54.jpg

O flamante e novo alcalde de Londres Johnson cortará polo sano o gasóleo que a compañía estatal Petróleos de Venezuela (PDVSA) suministra por debaixo do prezo de mercado ao transporte público londinens acordado co alcalde anterior Ken "o roxo". Este aforro na factura do combustíbel  destinábase a sufraxar o transporte de ata 250.000 parados ou discapacitados con residencia na capital británica. A cambio, expertos en planificación, vivenda e transporte urbano asesoraban ao Goberno de Chávez.

Era un acordo exemplar de relación norte-sur con beneficios mútuos un xeito de facer unha economía alternativa á fundamentalista neoliberal e global que ao darlle carpetazo dende a dereita xenocida perxudica unha vez máis aos máis desfavorecidos tanto do primeiro como do terceiro mundo.

Agora que os británicos sigan a votar Tories.

Posto por MacLapfer.

A DEREITA DO ESTADO ESPAÑOL

ofalarnontencancelas 27/05/2008 @ 12:57


images53.jpg

«Os enemigos do PP están no exterior do partido [en referencia aos socialistas no poder], e non no interior.» esta fin de semana, Mariano Rajoy, lanzou esta afirmación desesperada e inútil. Os medios de comunicación ultra conservadores ironizaban ontes sobre o «desexo de impotencia» dun líder á baixa. Case todos os días, unha mala nova abátese sobre o principal partido da oposición do Estado Español que representa a toda a pluralidade dende o centro á ultra dereita e que, a pesares da súa derrota nas lexislativas de marzo , obtivo máis de  10 millóns de votos: o «numéro 2» do partido da un portazo sen explicacións; Zaplana vaise para Telefónica, e María San Gil xustifica a súa demisión porque o «PP  perdeu os seus principios». Incluso José Maria Aznar , xoven pre retirado da política contratado polo magnate Murdoch, rompe o silenzo decindo que a «unidade está en perigo».

Estes tumultos supostamente se explican pola recente viraxe do PP cara "unha oposción moderada e construtiva", segundo os termos empregados por  Rajoy. que antes de virar a súa estratexia era de afrontamento contra ZP. Un PP sostido pola xerarquía católica e o xornal  El Mundo,e a golpe de manifestacións, os «populares» se opuxeron ao diálogo con ETA, ao novo estatut de Catalunya ou ás vodas gays.  En marzo,despois da segunda derrota electoral, Mariano Rajoy estima indispensábel cambiar a imaxe do PP, unha imaxe dun partido ultra conservador  que as veces roza o ridículo se temos en conta que o Estado Español está ubicado na Europa do século XXI. «En realidade, somos o centro dereita, e vouno demostrar», afirma Rajoy. A garda pretoriana que medraba á sombra de Aznar non aprecia moito esta viraxe.

o conflicto explota aínda máis a mediados de maio, despois do atentado de ETA que mata ao garda civil. O líder do PP apoia a ZP - cousa inédita - e díse  disposto, algún día, a pactar cos nacionalistas Bascos moderados,que se opoñan á violencia (como xa fixeron na primeira lexislatura de AZNAR por certo). María San Gil, icono da intransixenza na loita antiterrorista, desafía a Mariano Rajoy en público. Co apoio, como non de Aznar, Ela estima que os « principios do PP foron traicionados». «En realidade,este partido sempre estivo composto por dúas almas diferenciadas, segundo a análise realizada polo politólogo Santos Julia. Dun lado , os reformistas ; do outro, unha corrente de dereita dura, clerical e ultraliberal. A fobia a unha ruptura e a autoridade de Aznar foron os dous elementos de unidade.» Tantos os«centristas» como os «duros» din nembargantes non querer a separación. A balanza inclinaráse dun lado ou do outro no próximo congreso de Valencia.

Persoalmente penso que no PP ten máis que perder o núcleo "centrista" que o "duro", se no congreso gañan os primeiros vanlle poder botar en cara as próximas derrotas electorais do PP (Galiza, Europa, Euskadi...) polo que os "duros" volverán con forza (estes sempre teñen cabida no PP) pero se no próximo congreso gañan "os duros" os centristas vanno ter crudo, (todos os que apoiaron a Rajoy) non van ter moita cabida no proxecto a curto prazo e moito me temo que tampouco van a ter a valentía de organizarse nun novo partido de centro ao estilo centro europeo que o Estado Español tanto necesita.

O meu Avó

ofalarnontencancelas 20/05/2008 @ 12:44

Unha nova canción para a sección da música de MacLapfer.

 Un día coma hoxe morreu o meu avó, o 20 de maio do ano 1.984 (24 anos xa, como pasa o tempo), e escoitar esta canción e velo coa súa pucha cubrindo o seu pelo branco sentado nun outeiro co pito na boca e mirando cara o horizonte. Nunca te esquecerei Avó.

 



Posto por MacLapfer.

Domingo 18 de maio na defensa da lingua

ofalarnontencancelas 14/05/2008 @ 16:26

O domingo 18 todos á alameda de Santiago de Compostela na defensa da nosa lingua: 

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Posto por MacLapfer

O REI

ofalarnontencancelas 08/05/2008 @ 16:25

Aos doce anos "O Rei" era o único monarca ao que respectaba.

A XESTIÓN DA SAÚDE

ofalarnontencancelas 06/05/2008 @ 11:05

images52.jpg 

 

Entereime na prensa o outro día que lles pagaban un plus aos médicos de cabeceira por non mandar xente ao especialista.

Non me deixa de abraiar o mal que se xestiona a sanidade en Galiza, goberne quen goberne, porque o PP non pode dar leccións a ninguén nesta area de xestión.

Paréceme lamentábel  o xeito de xestionar do PSde G nesta materia, eu eu o podo dicir ben alto sen que me tiren das orellas coma a Aymerich. Pagar pluses por non mandar ao especialista iso debía ser causa de demisión por parte da conselleira.

Pero á marxe de todo isto, existe un problema de fondo na sanidade que nada ten que ver co político de turno que xestione dita consellería, e é os conflitos de intereses.

Intereses de moitos profesionais da propia sanidade púbica, que lles interesa que a sanidade pública sexa caótica para poder enriquecerse coas  derivacións máis ou menos éticas e incluso legais á privada. (Atendo mal no público para que veñas a miña consulta privada, onde che farei as probas clínicas nun santiamén, iso si cos recursos da sanidade pública, así optimizo gastos).

Existe un modelo de xestión da sanidade que remataría con todo isto da corrupción do sistema e que melloraría a asistencia do doente, e que eu sempre defendín.

O Estado fomentaría a creación de mútuas coa participación dos axentes sociais (sindicatos, confederación de empresarios...) Estas mútuas terían dúas fontes de financiación, o propio estado e as cotas as mesmas realizadas polos traballadores afiliados as mesmas.

A cota da mútua tería unha cobertura total hospitalización, atención primaria, consulta especialista, ondontolxía...

No caso das consultas aos especialistas  e ondontoloxía o/a usuario/a das mútuas irían ao especialista que lle pete sen lista de espera mesmo á súa consulta privada, lle pagaría a factura e logo a mútua lle devolvería o 90% da mesma (Sinceramente se a consulta vale 100 euros non me importa pagar 10 se me atenden no  momento). Os custes de hospitalización e de diagnose son por conta da mutua ao 100 %.

Para garantir a prestación universal da saúde, existería neste modelo de xestión unha mútua específica para a xente sen recursos na que o estado abonaría o 100 % das facturas.

Con este modelo de xestión evítase que se especule coa saúde, ti xa vas a unha consulta privada do especialista el cobra polo servizo unha soa vez, e en segundo lugar aumenta a calidade do servizo o cliente - doente iría ao mellor profesional, e os mediocres terían que ir pechando a súa consulta.

Xa sei que moita xente ve neste modelo a privatización do servizo, non o vexo así máis ben é unha democratización de mesmo, sempre e cando participen os axentes sociais na xestión das mútuas,e non exclusivamente a patronal que é o que sucede neste país.

 

Posto por MacLapfer.