Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Abril 2008

Nova sección

ofalarnontencancelas 30/04/2008 @ 14:48

A partires de agora de cando en vez colgarei videos da miña música preferida.

Xa tivéstedes un adianto con Edith Piaf, agora outro autor que exerceu ao longo da miña vida dende a miña tenra infancia, con máis ou menos intensidade dependendo da época da miña vida,  unha tremenda influencia e non só musical

 

 

Posto por MacLapfer

Doce anos, doce razóns para seguir contigo.

ofalarnontencancelas 24/04/2008 @ 16:15

Vai  para doce anos que casei con Fror de Toxo (mais concretamente o próximo domingo 27 de abril). 

Tivemos a sorte de compartir o noso proceso de namoramento con Edith Piaff e por isto che dedico este vídeo.

Posto por MacLpafer

A tentación

ofalarnontencancelas 23/04/2008 @ 15:44

Quen nalgún momento da súa vida non tivo a tentación de facer isto.

A pandilla de Silvio volve ao ataque

ofalarnontencancelas 23/04/2008 @ 14:55


images51.jpg

“Nada está decidido. Non teremos sorpresas” Unha semana despois da súa vitoria nas eleccións, Silvio Berlusconi xa ten que por orde na súa coalición que lle deu a maioría. Luns, o futuro presidente do Consello tivo que correxir as declaracións dos dirixentes da Liga do Norte que, co 8% dos votos, saíron vencedores das lexislativas sendo determinantes no parlamento.Triunfantes, o partido autonomista, eurófobo e xenófobo de Umberto Bossi anunciara na vispera dunha reunión co Silvio na súa residencia privada en Arcore, que tería un lugar de libre elección no futuro goberno de coalición. Vicepresidencia do Consello, o ministerio de interior, de reformas, agricultura....“Eu consulto a todo o mundo. Teremos sorpresas. Todo estará fechado cando teña o panorama mais claro. Son eu quen decide” tivo que recordar Berlusconi, visiblemente irritado pola precipitación da liga. Partido que representa un elector sobre tres en certas provincias, e que ten ben decidido influír na acción de goberno impoñendo os seus temas predilectos: a seguridade (seguridade que criminaliza aos inmigrantes porsuposto) e o federalismo fiscal. O proposto para ocupar a carteira de interior, Roberto Maroni  di cousas coma as seguintes “temos que expulsar inmediatamente a todos os extracomunitarios en situación irregular” pero tamén dixo aproveitando un feito dramático ocorrido en Roma, onde unha xove muller foi apuñalada por un cidadán rumano o seguinte “reclamo unha modificación da directiva europea para poder dar á caza aos delicuentes rumanos(...) temos que negociar coa Comisión as regras de libre circulación dos cidadáns da UE”. Os dirixentes da liga propoñen a “tolerancia cero” con este colectivo. “As ratas son mais doadas de cazar que os Rumanos porque son máis pequenos”, dixo Matteo Salvini, un xove representante da Liga. “Hai unha manada de bárbaros que se pasean dende hai demasiado tempo e con toda impugnidade polo territorio nacional” dixo outro membro da liga o Sr Roberto Castelli. “Unha das primeira medidas terá relación coa seguridade” dixo Berlusconi sen entrar en detalle no seu proxecto político nesta área.En definitiva aquí temos de novo á pandilla de fascistas e delincuentes que volven a gobernar Italia. Sempre nos quedará Italia.

Posto por MacLpafer

 

Restruturación no goberno do Estado Español

ofalarnontencancelas 14/04/2008 @ 11:43

images50.jpg

 

 

Estou moi descontento coa restruturación do goberno liderado por ZP, porque amosa unha liña de actuación para os catro vindeiros anos nada alentadores.

Importan o modelo británico ao unificar benestar, familia e educación. Paréceme patético porque se temos que importar de fóra como xestionar a educación e os servizos sociais, por favor que non sexa do Reino Unido, temos outros paises de referencia que teñen unha ampla tradición en benestar social (Suecia, Noruega, Finlandia, Dinamarca, Bélxica...), pero por favor o Reino Unido non.

E por riba xunta a política social coa educación, dúas areas onde precisamente o Estado Español ten moito que rascar. Ou me quer dicir o señor ZP que xa estamos nun estado de benestar social tan desenvolvido que xa non require dun ministerio para si so.  Iso si poñemos un ministerio de igualdade que sona moi ben para vender aos medios, pero que moito me temo será outro fracaso coma o ministerio de vivenda.

Sen falar da desaparición do ministerio de medioambiente que comparte un super ministerio con medio rural e marítimo, areas de xestión moitas veces incompatíbeis entre si e con intereses encontrados.

Iso amosa por onde van ir os tiros nesta lexislatura, estará á baixa as politicas socias, educación e medio ambiente. Os pilares que son garantía da calidade de vida e da prosperidade da cidadanía dun estado. E teremos á alza as política económicas, os ministerios inútis pero que fan propaganda, e mantemos os malos xestores como Magalena Álvarez para non facerlle un feo a Chaves e que unha vez máis perxudican as intereses de Galiza.

Unha lexislatura que evidencia que quen a vai marcar, aínda de xeito máis esaxerado que na primeira, é a dereita, a dereita nacional cando conveña e a catalana cando non.

Finalmente dicer que ZP comete un erro porque os seus míseros 169 escanos son prestados pola esquerda que votou voto útil para que non subira a dereita de Rajoy, pero se este vai marcar a política nacional e non se atisba excesiva diferenza entre os dous proxectos politicos do PP e do PSOE , pode que na próxima contienda se queden sen os apoios prestados e retornen a esquerda de verdade.

 

Posto por MacLapfer

"A vida do BNG"

ofalarnontencancelas 07/04/2008 @ 14:45

Non sei se lembrades unha escena da película da "Vida de Bryan" na que fai unha parodia da división nas organizacións de liberación nacional de Xudea, onde son poucos e mal levados.


Coido que o BNG debería ter coidado de non se converter na mesma parodia, agora parece ser que se vai a crear no BNG unha nova organización ESPAZO ABERTO onde os seus máximos representantes proveñen de ESQUERDA NACIONALISTA, unha organización mais que quer ocupar o espacio do Socialismo Democrático Galego. Polo que entón teremos nese espazo máis ou menos os seguintes grupos: ESQUERDA NACIONALISTA, ESPAZO ABERTO, ENCONTRO IRMANDIÑO, COLECTIVO SOCIALISTA.... E logo no espazo máis "marxista" ou máis á esquerda en xeral teríamos UNIÓN DO POVO GALEGO, MOVEMENTO POLA BASE, INZAR... Sen esquecer aos LIBERAIS do PNG e os independentes "independentes", o independentes "dependentes" e os independentes "ex non adscritos"....

 Iso si de momento a organización frontista con tanto partido, segue sen devolvernos  o asemblearismo que nos quitaron na última asemblea, coido que este non é o camiño. Deixémonos de tanto partido e recuperemos o Asemblearismo, a DEMOCRACIA PARTICIPATIVA,  UN HOME, UNHA MULLER UN VOTO, que o BNG en si mesmo sexa isto unha Asemblea de homes e mulleres libres e que se representan a si mesmos/as, naturalmente con cabida para todas as ideoloxías que defendan a xustiza social, a democracia e a liberdade que podería  abarcar dende a socialdemocracia ata o marxismo pasando polo ecosocialismo sempre e cando teñan o obxectivo común de liderar a autodeterminación de GALIZA cando a cidadanía galega estea preparada nen antes, nen despois.

 

Posto por MacLapfer