Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Febreiro 2008

O Sr Rodríguez chámanos desleais

ofalarnontencancelas 20/02/2008 @ 13:36



Señor Rodríguez,

Faime moita graza que teña a cara de chamar desleais aos que estivemos na manifestación de GALIZA NON SE VENDE.

De verdade, estou encomenzando a perder a paciencia con certa xente endogámica fundamentalista do BNG, coma o Sr Rodríguez, ou estamos con el ou estamos contra de el.

Eu persoalmente non estou en contra do Sr Rodríguez, pero si das atitudes que están a asomar na organización e na equipa de goberno nas areas de poder desenvolvidas por xente da organización.

Quítannos a Democracia participativa, fan administración paralela na Xunta, non solucionan os problemas da cidadanía......Non quero seguir que me fago mala sangue, pero o peor de todo Sres/as da organización, Sres/as do Consello Nacional, Sres/as conselleiros/as, Directores/as Xerais, e demáis "petit maitres" con coche oficial, o peor de todo e que estades a perder "A RÚA" e isto si que vai ser fodido compañeiro Rodríguez, que perdades a rúa. 

Hai moitos militantes descontentes co que está a pasar Sr Rodríguez, porque a verdade non esperaban isto, Galiza non merecía isto.

Por isto Sr Rodríguez, no lugar de chamarnos desleais, están vostede a tempo, aínda están a tempo de facer unha política coherente co que o BNG representaba cando se creou.

Porque eiquí no caso de existir  algún desleal  poida que sexades vós.

 

Posto por MacLapfer.

Este domingo 17 tes unha cita en Compostela

ofalarnontencancelas 13/02/2008 @ 09:23

Este domingo 17 ás 12:00 horas tes unha cita en Compostela.
Unha cita para berrar ben alto pola defensa do noso territorio e da nosa cultura. Unha cita para chamar a atención a unha clase política que non cambia as súas maneiras ao servizo dos intereses duns poucos e que independentemente da súa cor, continúan a dar a espalda á cidadanía.
Este domingo 17 ás 12:00 horas tes unha cita en Compostela:
Contra as canteiras no Courel, contra a desfeita urbanística da costa, contra o plan acuícola, contra a instalación de industrias perigosas entre as casas dos veciños. Contra as mentiras e a prepotencia do PP de toda a vida, e contra a
decepción intolerable do goberno bipartito.

Este domingo 17 ás 12:00 horas tes unha cita en Compostela.
Porque Galiza ten que ser moito máis que un parque industrial ao servizo de grandes inversores.
Porque Galiza non se pode gobernar sen nos ter en conta aos galegos e as galegas.
Porque Galiza é algo máis que un lugar para especular.
Porque Galiza Non se Vende.
 


Convocatoria de arredemo.

 

Simplemente quero   contribuír dende este blogue a publicitar esta convocatoria realizada por arredemo. E sumarme a ditas reivindicacións.