Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Xaneiro 2008

Ditadura das Multinacionais

ofalarnontencancelas 29/01/2008 @ 17:12

 

 images45.jpg

Estou farto das tiranías das multinacionais en xeral e das eléctricas en particular se xa non chegaba que pagásemos igual de cara a enerxía eléctrica que no resto do Estado, sendo Galiza a maior produtora a cargo do noso medio ambiente, (encoros,  centrais térmicas, muiños de vento.....), agora coma consumidor dánnos outro agasallo, quítannos a tarifa nocturna.

VAI SENDO HORA DE DEMOCRATIZAR A ECONOMÍA.

Ao mellor os consumidores deberíamos organizarnos en  partidos políticos para pór as empresas no seu sitio.

Posto por MacLapfer

Problemas cos salarios en Europa

ofalarnontencancelas 17/01/2008 @ 15:58

 


images44.jpg

Despois do anunzo dunha inflación desbordante a patronal e a Banca Central Europea fan un chamamento á moderación salarial.

Os metalúrxicos italianos están en pé de guerra para obter un aumento de soldo nas negociacións colectivas. Manifestacións e autoestradas cortadas se multiplican, xunto cos ferroviarios alemáns fan que as loitas polas melloras salariais se xeneralicen en Europa. Unha perspectiva que asusta a patronal Europea: “As subas superiores ao 3% na zona euro poderían provocar unha situación inquietante” dixo Mark Stocker, da organización patronal Business Europe.

En Roma, as negociacións, das cales dependen 1.5 millóns de asalariados, están bloqueadas, e o ministerio do traballo convocou aos representantes dos asalariados e da patronal estes días. Cando os salarios na metalurxia ronda os 1000 e 1200 euros, os sindicatos piden un aumento de 117 euros. A patronal non concede polo momento que 100 euros pero so para os asalariados situados no alto da pirámide das remuneracións.

A presión por parte dos sindicatos débese sobre todo pola subida da inflación. As negociacións nacionais sobre os salarios no próximo semestre, en Irlanda e no Portugal, inquietan á patronal. En decembro, o congreso  dos sindicatos irlandeses destacou polas queixas  de que os salarios dos traballadores medraron por baixo do IPC. Cun aumento dos prezos preto do 4% para o ano 2008, as tensións sociais están garantidas na illa.

No Reino Unido, as discusións concernentes a seis millóns de funcionarios revelan igualmente unha diverxencia entre o 6 % dos sindicatos e as propostas dun 2% do goberno. A patronal reclama que os aumentos salariais “reflicten a evolución da produtividade”. Nembargantes, entre 1998 e 2006 a produtividade dos asalariados aumentou en Europa segundo un ritmo anual dun 1.7 % fronte ao poder de compra que unicamente aumentou 1.25%

No estado Español, este tema do IPC, xa nos queda eclipsado coas subidas do SMI. Sendo a única discusión agora na campaña electoral a baixada de impostos, a ver quen baixa máis os impostos.

Os gobernador da Banca Central Europea (BCE), Jean Claude Trichet, fixo un chamamento á moderación salarial, xoves, na rolda de prensa mensual. O consello dos gobernadores se inquietan “dos efectos secundarios”, é dicir “dunha espiral de inflación salarial”. Un punto de vista contestado pola Confederación Europea dos Sindicatos (CES), que, a través do seu secretario xeral adxunto, Reiner Hoffmann, estimou que “a BCE ataca os convenios colectivos(...) para enmascarar o feito de que o seu consello de administración é incapábel de aportar unha resposta política á apreciación da taxa de cambio do Euro e á crise financeira das subprimas reducindo as taxas de interese”. Este último mes, a BCE inxectou unha chea de euros de liquidez sobre os mercados financeiros para axudar as grandes bancas a facer fronte ás súas obrigas, sen resultados.

Un xeito de amosar  que lle preocupa máis as subidas de salarios que a inflación financeira.

 

A importancia de Iowa

ofalarnontencancelas 07/01/2008 @ 17:02

 

 images43.jpg

Obama se distancia netamente de Clinton, que terá por certo que reaxustar a súa campaña. Nada está gañadodo. A primeira etapa do maratón presidencial foi gañada polos candidatos que prometían cambio de política nas primarias de Iowa. Obama, nos demócratas, diante de Edwards e Clinton, que como seguramente xa saberedes quedou nun ridículo terceiro posto. Mentres que no lado republicano, Mike Huckabee, o pastor populista, se distancia do multimillonario Romney.

De todos os xeitos é moi cedo para sacar conclusións xerais dunha consulta que so abarcou unha proporción moi reducida dos electores dos Estados Unidos dos dous partidos: 20% nos demócratas. De todos os xeitos temos que ter en conta que houbo un alto número de participantes nas votacións, a presenza de xente que non se desprazaba anteriormente para votar, numerosos xoves, que nos pode advertir ou indicar un cambio na opinión xeral. O feito de que un candidato negro estea na cabeza nun estado onde o 90% da poboación é branca é histórico. David Axeldrod, director de campaña do Obama, conclúe dincindo " Sinceiramente, este resultado vai máis aló das previsións. Penso que hai unha fame de cambio neste país"

As críticas de Clinton sobre a falta de experiencia de Obama se voltaron contra ela. A súa terquedade en recoñecer o erro de votar a favor da guerra de Irak, mentres Obama sempre se pronunciou en contra non contribuiron a atraer os votos á súa candidatura. Aparece como a perdedora destas primarias, cando as sondaxes lle daban unha segunda praza cobado con cobado con Obama.

En canto aos republicanos, o pastor Huckabee gaña cun discurso de retorno aos valores cristiáns, de crítica a plutocracia e "voitres"das finanzas, a súa proposición dunha reforma dos impostos demasiado favorábel aos ricos, o seu chamamento ao apoio aos sindicatos, posicións que moitas veces lle valeron "tiróns de orellas" dalgúns ultraconservadores - Huckabee aglutinou aos republicanos que se preocupaban do estado social do país.  Pronunciándose iso si en contra dunha retirada programada de Irak mentres o xeneral Petraeus non o estime oportuno.

En frente ten ao candidato Romney que aparece coma un continuista de Bush.

De todos os xeitos non hai nada definitivo nestes resultados  xa que quedan moitos estados onde votar.

 

Posto por MacLapfer