Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Decembro 2007

BOAS FESTAS A TOD@S

ofalarnontencancelas 18/12/2007 @ 17:27

 


postal-xoel.jpg

 

 

Un ano máis chega o nadal e aínda que non somos entusiastas destas datas os tres vos desexamos unhas Boas Festas e un próspero Ani Novo 2008. O trasno fixo este debuxo para todos vós, esperamos que vos guste.

 

MacLapfer, Fror de Toxo e Trasno.

A Banca do Sur

ofalarnontencancelas 12/12/2007 @ 16:04
 images42.jpg
Antes de que Cristina fora entronizada, en presenza dos xefes de Estado de América do Sur, e entre outros como Felipito de España e Strauss-Khan (presidente do FMI) e de François Fillon (primeiro ministro francés), nunha reunión en Bos Aires tivo o nacemento da Banca do Sur, un proxecto impulsado polo presidente Venezolano Chávez, no que se xuntaron Arxentina, Brasil, Paraguai, Uruguai, ecuador e Bolivia a parte do propio Venezuela. Nestes países, a ascensión de gobernos de esquerdas, que miran cara as intereses do continente e defenden a súa independenza nacional permitiron dita iniciativa.
Soamente podemos destacar as ausencias de Estados Unidos, Chile,  e Colombia. A Banca do Sur, que podería ser a espina dorsal de Mercosur (tratato comercial que reagrupa cinco dos países citados) proponse repatriar os fondos situados nas bancas occidentais, moitas veces situados polos propios bancos centrais ao prefirir a seguridade aos sobresaltos e ás crises habituais nesta parte do mundo. Este diñeiro servirá para financiar proxectos públicos e privados de interese colectiva.
Os países máis pobres poderían beneficiarse de prestamos preferenciais, liberandose así do FMI. Ademáis, coa fin de escapar do garrote das regras impostas por esta institución, a Banca do Sur podería cesar, nos seus cambios, de considerar o dolar como moeda de referencia, e crear a termo unha moeda común.
Chavez, no mesmo espíritu de cooperación, propón crear un mercado continental de enerxía, onde as investigacións serían financiadas por préstamos bonificados.
Todos os mandatarios se felicitaron de que o continente avance cara unha unidade e identidade propia, na vía xa trazada polos libertadores. Cabe destacar o rol central que xogo o xa ex-presidente arxentino Nestor Kirchner neste menester.
Posto por MacLapfer.

Bo Nadal deshumanizado

ofalarnontencancelas 10/12/2007 @ 16:55

 

 c-1505-04.bmp

Debido ao meu traballo só podo ir a facer a compra semanal as fins de semana (Esta é a miña desgraza), ademáis esta fin de semana coincidía coa ponte e o centro comercial ao que vou estaba a rebosar.

Todos coma posesos consumindo, empurrandose...., pero o que máis me abrallou foi que había un bebé na súa cadeira chorando coma un poseso porque tiña unha caixa enriba del mentres a súa irmá duns 3 ou 4 anos intentaba quitarlla para alivialo. Eu pergunteille a nena se quería que a axudara e ela dixo que si, polo que lle quitei a caixa de enriba do neno, o cal deixo automaticamente de chorar ao non sentir o peso da mesma. Pergunteille á nena polos seus pais e me dixo que viñan nun intre.

Funme dalí medio contrariado mais que nada porque coa cantidade de xente que había no centro comercial, ningunha persoa se dignara a ofrecerlle axuda á nena, todos andaban ao seu a consumir.

Cara a onde vai a humanidade?

Posto por MacLapfer