Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Novembro 2007

Conferencia de paz?

ofalarnontencancelas 28/11/2007 @ 16:43
 cakvm103.jpg
« Nada se vai arranxar sen presionar a Israel »
A opinión de  Jeff Halper,dirixente do  Comité israelita contra as destrucións de casas palestinas.

A conferencia de Annapolis non cambiará nada ao menos que sexa para favorecer as posturas de Israel antes de que se vaia Bush. Esta conferencia confirma unha política de apartheid. Olmert reclama aos Palestinos o recoñecemento do estado xudeo de Israel. Non quer nin discutir, nin negociar. E isto será percibido como outra derrota de Abbas. O que axudará en afundir aínda máis a Autoridade Palestina e fomentar o extremismo no colectivo. Sobre todo se a comunidade internacional segue así de impasíbel.

Cal é a situación?

 Nada está regrado e Israel non vai ceder nin un milímetro se non hai presión internacional, Israel distruíu 18 000 vivendas palestinas dende a ocupación sen xustificación ningunha. No  90 % dos casos sen relación ningunha cos problemas de seguridade invocados por eles. Sendo a reconstrución un acto de resistencia por parte dos palestinos. Isto lles permite denunciar a traxedia humana na que viven. Necesitamos que a mascarada caia en picado. Israel persiste nunha política de invasión e envellecemento. En Cisxordania, a colonización prosigue e o muro é a chave desta política. Contorna as colonias para integralas no novo estado hebreo.…

O Estado de Israel é culpábel de numerosas crimes co fin de manter a colonización. Basta con botarlle un vistazo o desenvolvemento das infraestruturas que son esencialmente para as colonias, a súa política de arrancado de árbores froitais palestinos para a elaboración dos muro da vergoña. Sen contar co risco de desastre ecolóxico do sistema de tratamento inexistente das augas fecais das colonias que se verten nas plantacións palestinas...

é posíbel un futuro ?

Necesitamos denunciar estes crimes e mentiras dos dirixentes de Israel para que unha presión internacional emerxa que exista unha mobilización da opinión pública. Hoxe por hoxe se recoñecemos o estado de Israel, tal como están as cousas implicaría unha predominancia dun grupo sobre o outro. Entón xa non sería unha democracia, senón unha etnocracia. Unha parte da poboación imporá a súa razón ao conxunto. Os dereitos do home desaparecerían.

 

Posto por MacLapfer

Chegar a fin de mes

ofalarnontencancelas 26/11/2007 @ 16:23

 rajoy1195738067573813647.jpg

O último eslogán de Rajoy na precampaña das xerais é o seguinte:

"Chegar a fin de mes é posíbel con Rajoy"

Pero é que ninguén se acorda da política fiscal do PP, non teñen vergoña. Eu do que me lembro ben e da frase favorita de Rato cando era ministro de economía "moderación salarial", tamén me lembro da reforma que implantaron no IRPF de tal xeito que a xente que ten contratos precarios temporais que compaxina con prestacións por desemprego pagan máis a facenda porque o seu tope é de 8000 euros anuais para declarar en lugar dos 22000 euros dos que so teñen un pagador.(Aquí e onde teñen que facer a reforma e deixarse de chorradas, que por certo os socialistas dixeron que lle ían meter man a isto e tampouco o fixeron todo sexa dito de paso).

E eu pergúntome quen pode crer este eslogan tendo a experiencia fiscal recente que tivemos que padecer, onde chegar a fin de mes era toda unha odisea.

Posto por MacLpafer. 

Xustiza?

ofalarnontencancelas 20/11/2007 @ 16:49

 

 images41.jpg

Sinceramente permitídeme esta arroutada que sae da miña grande ignorancia, o caso que nun dos telexornais que estiven a ver este medio día saíu o xuízo a dous rapaces independentistas cataláns por queimar as fotos do Rei. Condenáronnos a pagar uns case 3000 euros de multa. Pero isto non foi o que me chamou a atención da noticia, senón que o delito o cometeron no mes de setembro e xa están xulgados só dous meses despois, incríbel cando hai unha chea de xente que teñen que esperar anos polo xuízo por delitos moito máis sangrantes que as inxurias ao Rei. Realmente a xustiza anda un pouco chosca.

Posto por MacLapfer.

Colombia

ofalarnontencancelas 13/11/2007 @ 16:08

 

 images40.jpg

Un informe denuncia execucións "fóra da legalidade" de campesiños en Colombia polo exército e a policía. Os autores denuncian unha "impugnidade" e acusan ao poder militar e estatal.

Unha xornalista francesa Françoise Escarpit, presentou un informe sobre a "misión internacional de observación sobre as execucións en Colombia" xunto con Fabien Cohen, secretario xeral da asociación France Amérique Latine (FAL). Denunciando estes feitos.

Esta xornalista participou xunto con xuristas, antropólogos e expertos en dereitos humanos, un total de 13 persoas. Contaron co apoio da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas en Colombia.

A misión recopilou información das testemuñas e parentes e chegaron a seguinte conclusión "Observamos o mesmo xeito de operar en diferentes lugares, as persoas son secuestradas e executadas, despois o seus corpos son trasladados e vestidos con roupa militar, coas armas e símbolos da guerrilla ao redor deles para manipular unha escea do crime ficticia" Estes mortos son contabilizados polo aparato de propaganda Colombiana como guerilleiros mortos en combate. (máis de 10.000 dende o 2002).

Todo isto é debido á prima que lles dan aos militares segundo o número de execucións de membros da guerrilla. Entón para cobrar a prima matan labregos os visten de guerrilleiros e listo.

Pero o peor de todo isto é a impugnidade absoluta reinante no país. Xa que aínda que hai 11 procesos abertos ao día de hoxe por estas matanzas, non serven de moito porque vai pola vía da xustiza militar o que causa un problema de imparcialidade.

Un se pergunta despois de tanta polémica coa tontería de Chávez e o Rei, non sería mellor tirárlle das orellas a Uribe.

Posto por MacLapfer

1º Aniversario

ofalarnontencancelas 12/11/2007 @ 09:58

tarta.jpg

Sí, onte "O falar non ten cancelas" cumpriu o seu 1º aniversario. Grazas a todos os que estades ahí.

Posto por Trasno, Fror de toxo e MacLapfer.

O modelo caduco

ofalarnontencancelas 07/11/2007 @ 17:03

 images17.jpg

 

A revolución neoconservadora de Bush está a aumentar o sofremento popular e contribúe a romper os equilibrios económicos.

Bush é un presidente que se atopa no final do seu "reino", persuadido iso si, de que cumpríu cunha misión divina.

As sondaxes son unánimes, están en números vermellos, dende a guerra de Irak á economía,  pasando pola saúde, o medio ambiente, a educación.... o soño americano fai augas por todas as bandas. Un pesadelo dunha recesión anunciada e onde ninguén se atreve a predicir as consecuencias.

Un modelo que sitúa a decenas de millóns de familias con hipoteca a ponto de estar afogadas. Producindo unha caída dos prezos no sector. Moitas familias se viron obrigadas a vender as súas propiedades por un prezo inferior da súa hipoteca.

A "compaixón conservadora" tema da primeira campaña electoral de Bush, reuníu aos grandes da banca para socorrer as sociedades de crédito que estaban en grandes dificultades. A súa vez a banca quedou tocada pola crise.

O presidente da Banca Federal, Ben Bernanke, pronunciou un discurso, hai unhas semanas, onde dicía que temía o contaxio, e facía un chamamento de humildade aos expertos á hora de avaliar unha situación tan incerta. En difinitiva unha demostración da fraxilidade do sistema. Non houbo ningunha predición para estes millóns de familias arruínadas.

Iso si os máis ricos tiveron baixada de impostos, mentres tanto o número de pobres pasou de 11.3% a 12.6% do 2000 ao 2005, ou sexa 37 millóns de persoas, das cales 10 son nenos.

As primas dos seguros son cada vez máis altas, aumentan cada ano sendo inalcanzábeis para unha grande parte dos asalariados. Resultado das reformas da "compaixón conservadora" de Bush: 89.6 millóns de Americanos de menos de 65 anos, máis de un de cada tres, non teñen seguro médico. Segundo "Families USA, contamos con 17 millóns máis que no 2.000.

Houbo un proxecto de lei presentado polos Demócratas que propón a gratuidade dos coidados para millóns de nenos e nenas de familias pobres, pero foi vetada pola "compaixón conservadora" de Bush.

A caída dos contratos de mútuas das empresas de máis de 200 empregados desmantelou un sistema de seguridade social que databa dende a crise do 29.

A "compaixón conservadora" de Bush tamén retrasou a idade de xubilación aos 67 anos aumentábel aos 70 anos no 2.010.

Podería seguir pero non me quero estender, e dicir que hai líderes europeos que queren importar o modelo, penso por exemplo no pequeno napoleón sarko.

Posto por MacLapfer

 

 

Ceuta e Melilla Español?

ofalarnontencancelas 05/11/2007 @ 17:24

 

 images39.jpg

Non sei porque tanta neurose por parte dos Nacionalistas Españois cando se enteran do rebote que colleron os nosos viciños de Marrocos pola visita do Xefe do Estado Español ás cidades de Ceuta e Melilla.

Lémbrome dunha visita dunha princesa do Reino Unido no seu día a Xibraltar, que tanta aspereza levantara no pobo Español.

Estes Nacionalistas Españois, son dun gracioso, o que vale para mín non vale para os outros, gozan dun egocentrismo repugnante e naïf.

Ceuta e Melilla son tan Marroquís, coma Xibraltar Español. Pese a quen lle pese.

 

Posto por MacLapfer.