Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Outubro 2007

Nuclear non grazas?

ofalarnontencancelas 29/10/2007 @ 17:07

 

 images38.jpg

Xa levaban anos os científicos ao servizo do capital mentalizando ao persoal de que a enerxía nuclear non é tan fera como a pintan. Agora coa desculpa de que é o único xeito de garantir o consumo enerxético do devorador occidente, pero o que é máis importante o único xeito de cumpri co protocolo de  "kioto" . Pois ata é a nosa salvación.

Soamente en Franza debe haber máis de 75 centrais nucleares, Bélxica co pequena que é creo que ten unhas 9 mínimo. Agora o pequeno Napoleón "Sarko" quere nuclearizar o magreb (Marrocos, Arxelia...)

A sociedade occidental traga, unha vez máis calada, porque ten medo, non quer perder as súas necesidades creadas de consumo, a súa comodidade enerxética....

Mentres tanto lixo radioactivo creado polas centrais escondémolo debaixo da alfonbra co resto da merda que cada vez nos deshumaniza máis.

 

Posto por MacLapfer.

Atitudes Fraguistas en Vicepresidencia

ofalarnontencancelas 23/10/2007 @ 15:36

 



images35.jpg

  

Estou bastante decepcionado coa consellería de Quin, non me gusta ser moi crítico porque son afín, pero non aturo determinados comportamentos. Xa sei que é máis doado "destruír que construír" coma dixo Francisco Rodríguez na derradeira asemblea nacional, e digo ben, derradeira, porque quitaron o dereito asembleario aos militantes, e reduciron a democracia participativa, pero isto é outro cantar. Eu o que quero é denunciar atitudes anti democráticas non destruír.

O último de " ViceQuin" é que agora van subcontratar para o Consorcio de Igualdade e Benestar (sóavos o de administración paralela?) unha consultora para facer selección de persoal para as galescolas. Non sei a vos pero a mín isto sóame a "pelotazo".

Hai que estar ao tanto, a ver a que amigo lle toca o "chollo".

Iso si quero darlle a noraboa aos da CIG que denunciarion os feitos, avisando que existen funcionarios suficientes para facer dita función.

Compañeiro Quin, é hora de quitarse os "tics" Fraguistas, porque creo que por alí non imos ben.

Posto por MacLapfer.

Liberdade de expresión

ofalarnontencancelas 17/10/2007 @ 16:43

Remato de saber que o blogue da aduaneiros sen fronteiras pechouse debido a unha demanda do avogado de Iolanda Castaño, por un posto xa moi vello. Esta mulleriña nunca foi santo da miña devoción, pero agora menos, por que por riba de todos os defectos que xa ten, ten o peor de todos, non ter senso do humor.

A miña máis sinceira solidariedade con ADUANEIROS SEN FRONTEIRAS :)

 

Posto por MacLapfer, Fror de Toxo e Trasno.

As intereses en kirkuk

ofalarnontencancelas 17/10/2007 @ 15:37

 

 images34.jpg

 

Kirkuk (mais de 500.000 habitantes) ao norte de Bagdad, non sería hoxe o teatro das rivalidades étnicos-relixiosos e políticas tiñidas de sangue se non fose polo petróleo. 

Ao longo de moitos séculos, as minorías que habitaban esta rexión - Árabes, Turcómanos e Kurdos- viviron en harmonía. Pero dende que se descubríu o petróleo 900 000 barrís por día, todo trocou.

Houbo un intento dunha arabización forzosa ao través dunha expulsión masiva dos Kurdos e dos Turcos, a réxime de Saddam quixo invertir nun informe demográfico que favorecera a minoría árabe sunita.

Dende a caída da réxime, os Kurdos, que consideran Kirkuk como a súa capital histórica, queren unila a un Kurdistan autónomo. Unha medida que lle dotaría de recursos para contribuír ao seu desenvolvemento.

Como revancha, os Turcos, noutro tempo maioritarios nesta rexión, e os Árabes, estiman pola súa banda que Kirkuk debe quedar dentro dos territorios dun Irak unido.

En fin Turquía teme que unha unión de Kirkuk ao Kurdistán de Irak pode pór os cimientos dun futuro Estado Independente Kurdo.

Un precedente innadmisíbel para Turquía tendo en conta a situación exsitente no Kurdistán Turco. En consecuencia Ankara estima que a unidade desta vila ao Kurdistán de Irak constituiría unha liña vermella que xustifique unha intervención das súa tropas para, segundo eles, protexer a minoría Turca da rexión.

Aproveito para amosar a miña solidariedade co pobo Kurdo, que seguen loitando para acadar a súa emancipación. Non o teñen nada doado a verdade toda a vida recibindo paos por todos lados e un vergoñoso abandono pola Unión Europea.

 

Posto por MacLpafer.

Icono da hipocresía

ofalarnontencancelas 09/10/2007 @ 14:51

che.jpg

 

Hoxe é inevitabel oír falar del en todas partes. Abraiada escoito todo tipo de sandeces, que si é un símbolo, que si un icono, que si un "Xesús laico", sobre todo despois da exposición pública do seu cadáver, coa barba escura e o torso espido. E eu recoñezo que no podo evitar certa incomodidade cada vez que contemplo esta imaxe, un gusaniño que me reconcome perguntándome se a persoa que a luce coñece realmente quen era esa persoa, cales os seus ideais e cal o xeito que escolleu de levalos a cabo. Algúns non coñecen nin o seu nome.

Como todos os símbolos o Che perdeu o seu significado, elevado a icono popular ningún ousa abertamente cuestionar a súa figura, e así nos levantamos hoxe, escoitando a contertulios hipócritas dirixirlle toda clase de halagos, e todos asinten coma borregos sen pensar que nestes tempos que corren a violencia está mal vista e as revolucións teñen que ser tranquilas porque é o máis  civilizado, sen reparar en que as verdadeiras revolucións nunca son tranquilas, e que os principais dereitos sociais que disfrutamos no presente e que agora nos intentan quitar,conseguíronse moitos deles con derramamento de sangue.

Véndennos a un Che icono da rebeldía, cando debería selo da rebelión, e o alaban dicindo que era unha "persoa xenerosa que entregou a súa vida pola causa na que creía".  Hipocresía da mercadotecnia. Se hoxe existise un Che, o tacharían de Terrorista Internacional e non de  "guerrilleiro guay" como lle soe chamar algún adolescente. Non hai máis que ver como se criminaliza hoxe en día á xente que quer defender un programa "socialista" incluso de xeito democrático gañando unhas eleccións  chamándolles de todo menos bonito, non hai máis que ver o caso de Venezuela, Bolivia, Ecuador.... 

Vaia dende aquí unha homenaxe ó Che, no aniversarío do día no que morreu un home e naceu un mito.

 

 

Posto por Fror de toxo

Escapando da mili en Israel

ofalarnontencancelas 03/10/2007 @ 15:20

 

 3038.jpg

A tasa de xoves que non fan a mili acada en 2007 un nivel record en Israel, un 25%, un punto máis que o ano anterior, segundo as cifras do exército Israelita. Entre as mulleres, que deben facer un servizo á patria de dous anos, un 42% non van ao exercito alegando razóns relixiosas ou porque están casadas.

Ademáis, un 17.5% dos xoves enrolados non rematan o servizo, e as solicitudes para entrar nas unidades de combate baixaron un 67.3%.

A publicación destas cifras, moi comentadas polos medios de comunicación do país hebreo, provocou unha grande controversia nun país nado na guerra e no conflito permanente cos viciños, e onde o servizo militar e considerado un pilar da sociedade.

Certos analistas suliñan que isto e debido ao aumento de xoves ultraortodoxos que están exentos de facer o servizo (pasou dun 2% nos setenta a un 11% na actualidade de xoves que se consideran ultraortodoxos).

Non sendo por isto so poden estar exento de facer a mili polos seguintes motivos:

- Problemas de saúde (o pediron o 7% da poboación, e dos cales un 5% por problemas psicolóxicos).

- 4% por ter a residencia no estranxeiro.

- 3% por causas xudiciais.

- Tamén a poboación árabe do estado de Israel, que representa un 20% da poboación non están obrigados a facer a mili.

Polo que moitos dirán que son ortodoxos sen selo.

Consecuencia dos decesos debido ao conflito con Líbano no verán do 2.006 ou das imaxes da evacuación do exército hebreo dos colonos da banda de Gaza no verán do 2.005 deron como resultado unha opinión pública receptiva ao escaqueo dos seus xoves coa  patria.

En fin que a ninguén lle gusta morrer pola patria, e menos cando estas guerras son inxustificábeis ( se é que algunha realmente o é). A esperanza de Israel está nesta xuventude.

 

Posto por MacLapfer.

III REPÚBLICA XA!!!

ofalarnontencancelas 02/10/2007 @ 16:36

 

 images33.jpg

 

O meu avó pasou calamidades (cárcere, ver como fusilaban aos seus amigos en Burgos, seguemento mensual coa garda civil ata case os anos sesenta...). Todo por defender a República e a democracia. Dínnos que temos que pasar páxina, non podemos ser escravos do pasado,nin nostálxicos, pero estou un pouco farto de que sexamos os mesmos os que temos que ceder sempre. Gostaríame morrer vendo no Estado Español unha III República, no seu defecto confórmome que o vexa o meu fillo "O Trasno" (é o máis realista so ten dez anos),e para ilo teño varias razóns:

En primeiro lugar a  xeración dos nacidos a partires do 61  non tivemos opción de votar nada, nin esta constitución, nin se queríamos ou non unha monarquía parlamentaria. (vai sendo hora de revisar isto).

En segundo lugar, de todos é sabido que existen rumores que se pactou coa esquerda na transición de que soamente existiría monarquía coa figura de Xoan Carlos, pero non vexo eu a "Felipito pola labor", non me estraña a mín tamén me gostaría vivir a "cuerpo de rey".

En terceiro lugar, quero ter a oportunidade de elixir ao meu Xefe de Estado de xeito democrático, porque eu non creo nin no sangue azul, nin na supremacía da aristocracia..., nin tampouco que os monarcas sexan descendentes do Rei David (como dicían na idade media).... Todo isto é a antítese da DEMOCRACIA.  Mal por mal ata prefiro que fagan un sorteo entre todos os que estamos censados no Estado Español e que un cidadán teña a oportunidade de vivir "a cuerpo de Rey" por un período dun ano por exemplo sendo Xefe de Estado (ata esta estupidez sería máis democrática que o que temos agora).

En cuarto lugar quero a III República porque me sae máis económico manter un xefe de estado cada 4 anos que toda esa familia, que a parte da asignación de case 9 millóns de Euros dos orzamentos  do estado (o que se sabe), aproveitan a súa situación para enriquecerse.

En quinto lugar por dignidade, e por xustiza polos que padeceron ou morreron por defender a II República non podemos deixar de loitar pola III.

..........Hai moitos outros motivos pero non quero alongar o tema.

En cambio  temos xente que queren condenar por colocar a  bandeira lexítima aos que por certo  lles dou o meu apoio moral.

 

VIVA A REPÚBLICA

 

Posto por MacLapfer

PÚBLICO

ofalarnontencancelas 01/10/2007 @ 15:55

Como todos e todas xa seguramente  sabedes saíu a semana pasada un xornal novo á rúa, chámase público. Debo confesar que merquei os seis primeiro números, máis que nada porque daban seis pelis moi interesantes por so 50 céntimos.

Un xornal que prometía moito, máis que nada porque os medio xa se encargaron de crear certas espectativas ao respecto, dicindo que sería un xornal á "esquerda do país" e que non formara parte do "tinglado prisa", o cal todo sexa dito de paso é de agradecer.

Non vou negar que fun dos que merquei o xornal con certa ilusión, pero que despois de facer certas lecturas detidas, produxo en mín certa decepción por diversos motivos:

 É un xornal que efectivamente vai dirixido á xente nova e debe ser por iso que parece un xornal de titulares, onde o desenvolvemento da nova pasa a segundo plano, bótase de menos unha análise profunda das novas.

Ten certo "tufillo" centralista á hora de tratar as novas que proveñen das outras nacións do estado (sobre todo de Euskadi)

En canto a Galiza, queda ninguneada totalmente, de feito hoxe publican unha enquisa de intención de voto (contratada a unha empresa galega por certo) onde non reflicten os resultados obtivos polo BNG. Por non saír non sae nin a programación da Galega no apartado da programación televisiva (Canal 9 si sae por exemplo).

En fin espero non ter que dicir "mi gozo en un pozo" e que este xornal tan "prometedor" non nos dean máis do mesmo.

 

Posto por MacLapfer.