Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Setembro 2007

TVG

ofalarnontencancelas 27/09/2007 @ 15:17

 

 images31.jpg

Cambiou o goberno pero na TVG seguemos a ver determinadas cousas que a mín persoalmente me preocupan bastante.

Por unha banda a súa patética programación,  probabelmente feita a base de amiguismo con produtoras patéticas (que por certo se están a forrar) que o único que fan e "copiar e pegar" formatos de programas que se están a facer noutros canles televisivos (o copian absolutamente todo, formatos de series, programas de animais, informativos,....). En definitiva unha programación que pisotea calquera posibilidade dunha televisión de  de calidade e que teña como finalidade o servizo público.  

En canto aos informativos mellor non falar, pasamos do estilo de propaganda Goebels do PP ao estilo Stalin do PSOE , tendo atitudes como ningunear a Quintana nos actos, e agora o de gravar conversas privadas a políticos.

A ver se poñemos xornalistas serios a dirixir este medio que pagamos todos!!!!!!

 

Posto por MacLapfer

 

A España plural?

ofalarnontencancelas 24/09/2007 @ 15:32

 

images30.jpg images29.jpg

O outro día o Trasno foi a un parque cun amigo a xogar ao balón. O Trasno levaba unha gorra do barça e o seu amigo unha camiseta do atlétic de Bilbao, o caso foi que cando pasaron ao carón doutros nenos que tamén estaban a xogar un partidiño, estes berraron "NON...." e o Trasno mailo o seu amigo non entendían moi ben a que viña ese berro e educadamente lles pergutaron  "Non que?" . Ao que lles contestaron lucindo o seu balón do Real Madrid, non podedes xogar con nós.

O Trasno non tiña pensado pedirlles para xogar, pero aínda así quedou bastante fastidiado por este tipo de comportamento excluínte. 

Xa sei que soamente son nenos, pero os nenos reproducen a través dos seus xogos o modelo social no que están mergullados. Un modelo que non acepta aínda moi ben a pluralidade.

Posto por MacLapfer e Trasno.

Despedida

ofalarnontencancelas 07/09/2007 @ 09:25

Decirvos que ata aproximadamente finais de setembro, primeiros de outubro non vades ter novas nosas. Por fín nos imos de vacacións. Período necesario para desconectar da realidade cotía.

Un saúdo

Posto por MacLapfer, Fror de Toxo e o Trasno.

A morte

ofalarnontencancelas 07/09/2007 @ 09:25

 



images28.jpg

 

Estou preocupado porque cada vez estou coñecendo máis xente que  non quer nin oír falar da morte. Uns incluso teñen pesadelos cando isto ocorre.

Houbo un tempo en que todos convivíamos con ela, e cos nosos mortos. Agora non, agora escondemos todo baixo a nosa alfombra particular, ninguneamos a morte (os tanatorios foron o invento do século) e todo o que nos poda producir dor, queremos vivir cun constante reforzo positivo.

 Vivir neste enorme hipermercado que é o mundo cunha música de fondo que nos incita a consumir é incompatíbel con pensar no desenlace natural das nosas vidas "morrer". Se eres consciente disto, vives en consecuencia, e vivir así é sinxelamente un problema para o sistema actual.

Vivir sabendo que o noso tempo é limitado nos faría reprantexar unhas cantas estratexias vitais que fomos tomando ao longo das nosas vidas como se fosen propias, que ao mellor non o son tanto, nin tampouco tan importantes como cremos, e que para o único que serven, a parte de facernos infelices e non vivir en consonancia co noso verdadeiro "eu", e manter o susodito sistema económico e social.

Non temos tanto tempo como para tiralo e vivir os soños doutros, aguantando nun traballo que aborrecemos para pagar unha macro hipoteca, ou ter un coche de 60.000 euros, ou satisfacer as espectativas doutras persoas.... E a estas conclusións e moitas outras, chegamos cando pensamos na "morte".

Nembargantes, a xente prefire seguir o ritmo frenético que lles impón un "neoepicurismo" vendéndolles a eterna e saudábel xuventude onde a verba "morte" está desterrada, para que podan seguir pelexando día a día pola meta do "reforzo positivo", coma os cadeliños de Paulov. E así esquecerse deles mesmos.

 

Posto Por MacLapfer

Educación Nazi.

ofalarnontencancelas 03/09/2007 @ 08:41

 

 images27.jpg

 

Estupor en Rauen, lugar da antiga Alemaña do Este. Andreas Molau, un cacique do partido neonazi NPD, anunciou que vai abrir un  « centro de formación para a xuventude e adultos », con actividades « culturais e artísticas » e  « seminarios políticos ». Unha nova etapa na implantación de este partido abertamente xenófobo, racista e antisemita, debemos recordalo. Por desgraza, a propagación desta ideoloxía  non se dará so entre os frustrados dos sistema neoliberal alemán  (taxa alta de paro, immigración ruso-polaca masiva), senón tamén a través da « éducación da xuventude ». Ironia da situación : Andreas Molau,  biógrafo de Goebbels,ensinou no pasado nunha das  200 escolas Waldorf, que son centros escolares libertarias creadas no fin do século XIX para os nenos de obreiros. Estas escolas debido ao seu talante e por ir á marxe do sistema académico foran prohibidas por Hitler. Molau, que botaron fóra polas súas ideas irascíbeis, sabe que a lexislación non lle impide crear a súa escola, sempre e cando se respecten as normas sanitarias correspondentes. Nas futuras eleccións municipais de  2008 e as rexionais alemanas de 2009, a súa escola servirá de "teito" para o NPD. Non quero imaxinar en que van consistir as redaccións ao longo do curso dos alumnos ários desas escolas de Rauen.

Posto por MacLapfer.