Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Agosto 2007

Alimentos de China

ofalarnontencancelas 30/08/2007 @ 08:45

 

 comidachina.jpg

Nuns alimentos importados de China en Franza atoparon colorantes prohibidos en salsas, ingredientes canceríxenos en froitos, resíduos de antibióticos en lotes de mel e peixe, trazas de mercurio en anguilas e noutros alimentos compoñentes manipulados xeneticamente.  Unha lista demasiada longa de ingredientes non válidos para o consumo. Notificárnose 263 notificacións de produtos perigosos no 2006 segundo a comisión europea. E 209 nos sete primeiros meses do 2007. 

A pesar de que China empeza a ser tamén a dispensa alimentaria do mundo, fáltalles educación e formación ao respecto dos perigos de contaminación e as boas prácticas que se deben adoptar para garantir a seguridade dos consumidores segundo Gilles Martin, un empresario dun laboratorio francés ubicado en China.

Debido a isto o goberno chino en colaboración cos americanos, xa que empeza a existir certa psicose cara todo o que provén de China, intentan mellorar a seguridade dos alimentos.

Chinos máis Ianquis velando pola seguridade alimentaria, a verdade non me produce moita confianza.

Os gobernos occidentais deben loitar contra este liberalismo global que non dubida en envelenarnos para facer caixa. Xa vai sendo hora de voltar a facer unha globalización do Social e da democracia.

Pero por desgraza en troques lles damos unha olimpiada.

 

Posto por MacLapfer.

VENEZUELA

ofalarnontencancelas 29/08/2007 @ 09:39

 

 chavez.jpg

Non serei eu que defenda as atitudes de Hugo Chávez que se está adentrando na tentación de convertirse nun ditador coas súas reformas. Pero si quero facer unha pequena reflexión do que está a pasar no continente americano en xeral.

 Dentro da campaña en contra do presidente de Venezuela tamén existen calumnias, non todo son certas as cousas que estamos a oír dese país, son calumnias lanzadas dende diversas oficinas de propaganda  financiadas pola administración Bush, ata aquí nada surprendente, estamos acostumados que esta administración gaste un orzamento nada desdeñábel en crear no mundo unha opinión sobor da realidade nada coincidente coa realidade. Os que si ofende a intelixencia dos que nos consideramos socialdemócratas ou representativos da esquerda democrática e que a esta campaña de calumnias se sumen a esquerda socialdemócrata occidental, debido sobre todo ao fracaso da mesmo en atreverse en facer política de esquerdas, que é o que ten que facer no lugar de sumarse ao carro do neoliberalismo con etiquetas de "terceira vía", "socialliberalismo".....

A socialdemocracia de occidente mentres recorta o estado de benestar ve como en américa latina se suceden experiencias valientes que intentan ir cara a emancipación dos máis febles.

Na venezuela demoníaca de Chávez máis de tres millóns de hectáreas de terra foron distribuídas entre os labregos. Millóns de nenos e adultos foron alfabetizados/as. Instaláronse miles de dispensarios médicos nos barrios populares. Miles de persoas sen recursos con problemas oculares foron operadas gratis. Os produtos alimentarios básicos son subvencionados e ofertados aos pobres a prezos inferiores nun 42% respecto do mercado....

Podería seguir pero non estou aquí para facer apoloxía de Chávez, que coma dixen non goza da miña simpatía. O único que quero denunciar e a manipulación dos medios de comunicación a través da maquinaria neoliberal en contra de políticas efectivas que reducen a pobreza e melloran a calidade de vida dos "desposuídos", e o que máis me indigna é a ocultación desas mesmas políticas efectivas de esquerdas por parte dunha socialdemocracia occidental que está acomplexada e avergoñada por traicionar a súa ideoloxía e razón de ser.

 

Posto por MacLpafer.

A EDUCACIÓN DOS NOSOS FILLOS

ofalarnontencancelas 03/08/2007 @ 12:27

  Paréceme moi forte que non se aluda ao Reino da Galiza que foi un dos pioneiros da península. A súa vez non deixa de abraiarme o comentario de que "por fin" para facer referencia a expulsión dos árabes da península.

paxina-libro-xoel-con-anotacions.JPG