QUE TEÑADES UN BO DÍA DA PATRIA

Os tres desexámosvos que pasedes un bo día da patria.
Posto por MacLapfer, Fror de Toxo e Trasno.

Os tres desexámosvos que pasedes un bo día da patria.
Posto por MacLapfer, Fror de Toxo e Trasno.
Hoxe tiven que ir ao meu médico de familia no centro de saúde para pedir vez ao oculista debido a que teño moita tensión nos ollos e ademáis vexo uns puntiños que se moven co movemento ocular, con estas síntomas o meu médico deume un volante preferente despois de perguntarme se tiña antecedentes de glaucoma na familia.
O caso é que me deron vez para o 26 de maio do 2.008, dada a miña sorpresa a administrativa do centro de saúde, recomendoume que fose á atención ao doente, que está no hospital a un par de kilómetros para protestar, e así ao mellor subo na lista de espera.
Paréceme lamentábel que a posibilidade de non estar moi abaixo nunha lista de espera dun especialista dependa da túa capacidade de protesta na atención ao doente, moitos individuos debidos a múltiples factores como a falta de tempo, a falta de formación, a idade, ou un caracter máis sumiso non acuden a dito servizo.
Evidentemente se non obteño unha data máis razoábel despois de ir á atención ao doente, non me queda outra que acudir á sanidade privada, que coma sempre goberne quen goberne son os que saen gañando.
Posto por MacLapfer
Non sei se vístedes no galicia hoxe o acertado titular onde está wally? da nova na que Touriño ningunea aos do BNG na visita de Zapatero e cinco ministro a un buque de investigación en Vigo. Nembargantes grazas á persistencia de Losada puideron acudir ao acto in estremis Quin e o conselleiro de industria que por certo contribúe ao proxecto cun 20% dos fondos.
Aos Señores do PSOE, e iso que en Galiza so levan dous "telexornais", xa se lles vai vendo o plumeiro. Adquirindo hábitos que eran propios do "Fraguismo", onde se fai fincapé na propaganda e na presenza nos medios de comunicación, unha presenza por certo á carta do PSdeG, eliminando presenzas incómodas propias do estalinismo, onde se borraba das fotos aos caídos en desgraza como podía ser Trosky.
Non nos enganemos, o PSdeG segue a ser o que foi sempre: Ineptos, manipuladores e amantes da propaganda e os amiguismos, sendo o seu único obxectivo a permancia no poder.
Posto por MacLafper e Fror de Toxo.