Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Abril 2007

Palabra de Acebes

ofalarnontencancelas 30/04/2007 @ 19:53

Hoxe por casualidade atopei esto cando miraba a edición impresa de El Pais, e o mellor de todo é que non estaba coas tiras cómicas.

Fala o home con toda a autoridade, como se lle quedara algunha credibilidade despois do 11M, e suponse que todos temos que creer o que el dí.

Quizais cando o seu partido condene o alzamento militar do 36 contra un goberno lexítimo elexido democráticamente polos cidadáns entón recupere algo de credibilidade. Ou cando pida desculpas polas mentiras, insultos e as súas reiteradas faltas de respecto ós cidadans.

Mentras tanto que non espere que confiemos no que nos conta e que ante a "palabra de Acebes" a cidadanía conteste: "Te alabamos, señor"

Posto por Fror de Toxo

Outra mantida

ofalarnontencancelas 30/04/2007 @ 09:38

 

 republica.jpg

Miraras o que miraras onte na tele, sempre era o mesmo, a infanta Sofía, outra mantida máis por todos nós.

Que os manteñan os monárquicos!. Quero que na declaración de facenda me dean a opción de non contribuír a manter a estes parásitos/as. 

Tanto encherse a boca aos políticos coa verba "Democracia" non haberá nada máis anti democrático e anacrónico que un xefe de estado vitalicio que obten o seu posto por herdanza?

VIVA A REPÚBLICA

 

Posto por MacLapfer

Resumo da política actual

ofalarnontencancelas 28/04/2007 @ 19:05

Segundo as últimas novas que eu teño a ANV vai poder concurrir ás próximas eleccións munipais, probablemente neste mesmo momento algún dirixente do PP que esté de garda estará facendo estas declaracións:

Grrrrrrrrrrr,arrrr,urrrrrrrrurrrrrrrr,brrr,grrr,grurrrrrrrrrr, ahrrrrrrrrrrrr,grrrrr,grrrrrrr,grrrrrrrrr,ahrrrrrgrrrrr,grruurrrrrrr, ahrrrrrrrrr,brrrrr,brrrggrrrrrrr,grrrrrrurrrrrrrrr,ahrrrrr,arhhhhr, arrrr,grhrrrrrrrr,,grrrrrrrrrr,ghrrrurrrrrrrr,brumrrrr,grurrrrrrrrrr, ahrrrrrrrrr,brrrrrrarrhhggrrrrr,arhhhhr.

 E á volta da ponte oiremos  ó resto dos dirixentes do PP, a Federico é a todos os tertulianos e comentaristas de ultra dereita dicir algo coma esto:

Arrrr,grrrrrrrrr,,grbrrrurrrrrrrr,arh,brumrrr,grurrrrrrrrrr, ahrrrrrr,grrrrrrr,grrrrrrr,grrrrrrrrr,ahrrrrrrrrrr,grrrruuurrrrrrr, ahrrrrrrrrr,brrrrrrrrr,brrrrrrr,grrrurrrrrrrrr,ahrrrrr,arrrrrrrrrr, ahrrgggg,hrmrrrrr,hummmmrrrrrrr,grurrrrrrrrrrr,brmmmm, rrrrrrr,ahrrrr,grrrrrrrrr,arhhhhhh,grurrrrrrrrrr,grrrrrulrrrrr, mmrrrggrrr,ahrrrrr,grrrrr,grrrrrrr,grrrrrrrrr,ahrrrr,rrruurrrrg, brrrhrumr,grggrrrr,ahrrrrrrrrr,brrrrrrrrrr,brrrrrrrrrr,gurrrrrrrr, ahrrrrr,arhhhhr,hgrrrrrrrumrr,,grrmrrrrrrr,,grbrrrrrrurrrrrrrr, brumrrr,grurrrrrrrrrr,grrrulrr,arhrrr,ahrrrrrrrrr,rrgrrrrrrr,grrr, ahrrrr,rruuurrrrrrr,grrrrhggrrrr,brrrrrg,ahrrrgggrrugmrrrrrrr, brrrrrrr,gurrrrrrrr,ahrrrrr,arhhhhr,hgrrrr,brrrrrrrrg,humrrggg...

 E así ata a próxima, que seguramente, será dentro de moi pouco.

Posto por Fror de Toxo

 

O status do Sahara-Occidental

ofalarnontencancelas 26/04/2007 @ 11:57

 

 pollogo.jpg

O status do Sahara-Occidental faise esperar. O consello de seguridade da ONU debe arbitrar dúas proposicións inconciliábeis presentadas por Marocos e a Fronte Polisaria.

Un tribunal d´EL Ayoun no Sahara-Occidental ocupado por Marrocos condenou o 17 de abril aos militantes dos dereitos do home Yahdkh Tarruz, Ameidan Luali e Bachri Ben Taleb a penas de prisión dun ano e seis meses para o primeiro e de cinco anos para o segundo.

 Aminatou Haidar, coñecido pola súa defensa en favor dos dereitos dos Saharauis, rexeitou entrar no tribunal e foi perseguido ata o seu domicilio polas forzas da orde de Marrocos.

A intimidación e a represión nesta antiga colonia do Estado Español, anexionada por Rabat no 75, son algunhas das consecuencias do entramado deste conflito. A pesar do despliegue das Nacións Unidas para a organización dun referendo, mandato que expira o 30 de abril, debería prolongarse seis meses, segundo as recomendacións do informe do secretario xeral Ban Ki-Moon. Venres, fontes diplomáticas da ONU indicaron que o Consello de seguridade debería estes días reunir as partes implicadas para retomar as negociacións directas en canto ao Status do Sahara-Occidental. Pero tendo en canto as declaracións parece que o día pode tardar en chegar.

Os protagonistas do conflito transmitiron ao Consello de Seguridade dúas proposicións irreconciliábeis. O 10 de abril, a Fronte Polisaria fixo coñecer a súa "solución política aceptábel" que, "no espíritu da letra" das resolucións internacionais e do plano Baker, proclama un referendo de autodeterminación "auténtico". No caso de votar en favor da Independenza, a Fronte Polisaria díse preparada, para un "acordo sobre a negociación en igualdade de condicións que permita a explotación en común dos recursos naturais existentes"

Marrocos, pola súa banda, propuxo "un status de autonomía" con prerogativos financieiros, xudiciais...., pero baixo o amparo do Reino de Marrocos que conservaría a exclusividade dos atributos da soberanía (bandeira, himno e moeda) ademáis das competencias constitucionais, a seguridade nacional, as relacións exteriores..... Despois da negociación, a súa iniciativa sería sometida a referendo, que segundo Rabat ten o apoio do Reino de España. Esta proposición, que impide o proceso de descolonización, foi por suposto rexeitado pola Fronte Polisaria.

 

Posto por MacLapfer.

25 Abril

ofalarnontencancelas 25/04/2007 @ 14:48

 

 arti66a.jpg

Hoxe cúmprense 33 anos da revolución dos caraveis, eu non a recordo e MacLpafer vagamente, xa que era moi pequerrecho, pero si se lembra de ver na tele un montón de militares con caraveis nos fusís e non entendía moi ben o que iso significaba.

Casualmente o setembro pasado, estivemos na fortaleza de Peniche (ao norte de Lisboa). Dita fortaleza foi utilizada coma prisión  ao longo da ditadura de Salazar, e cando nós fomos visitala había unha exposición sobre os que padeceron o presidio ao longo da ditadura. Gustounos moito, porque incluso tiñas a posibilidade de sentir como era a vida dos presos, xa que te podías meter nas celdas, no parlatorio, todo fielmente reproducido. Unha exposición de memoria histórica e de débeda cos que padeceron a ditatura Lusa, e sen tantos oubeos coma no noso Estado. Unha exposición ao fin e ao cabo onde de verdade se deixa ben claro quen foron as vítimas e quen foron os verdugos. Algo que deberían aprender no Estado Español, algúns revisionistas da historia máis recente, que queren meternos a todos no mesmo saco.

Nesta exposición tamén había fotos do día da revolución dos caraveis, cando liberaron aos presos. Eran emocionantes. Non hai nada máis emocionante que a liberdade. Nós queremos sumarnos a esta homenaxe, tendo presente a canción de Vila Morena de Zeca Afonso, porque pensamos que foi a revolución europea máis bonita do século XX.

 

Posto por  Fror de Toxo e MacLapfer

A estrada de Santiago a Curtis

ofalarnontencancelas 24/04/2007 @ 16:39

 clientes_fomento.jpg

Quero denunciar o mal estado no que se atopa o piso da estrada que vai de Compostela ata a autovía Coruña - Lugo, pasando por Curtis. Ben é certo que arranxaron os 20 quilómetros finais dos 65, pero os primeiros son un martirio para os amortigüadores do meu coche.

Aínda que é certo que hai moito animal na estrada, eu seino ben porque ando moito por ela, non é a única causa da alta accidentabilidade do noso país. Non hai máis que botarlle un vistazo a estradas que soportan un alto grao de tráfego, e que seguen a ter un piso polo que temos que andar ou ben a tropezóns ou en zig zag para sortear os baches.

Así que Magdaleniña, xa que non sei se chegarei a ver o "seudoave" ou "galiña choca" polo menos arranxa as nosas estradas.

Posto por MacLapfer

Fundación Secretariado Xitano

ofalarnontencancelas 18/04/2007 @ 09:12

 

images12.jpg

Últimamente non fai mais que sair na prensa novas sobre esta fundación do estupendísmos que son, e de canto  fan polo colectivo xitano. Quixera facer unha serie de puntualizacións ao respecto desta fundación, a nivel informativo, para que saibades de quen se trata.

 É unha das inumerábeis fundacións vinculada co mundo da igrexa (que raro!), que sobreviven grazas a orzamentos públicos.

 Perceben fondos públicos a nivel europeo, estatal, das distintas comunidades autónomas e a nivel local en toda España.

 Supostamente traballan en dúas areas no ámbito social e no ámbito do emprego co programa ACCEDER para inserción socio laboral do colectivo xitano.

O cumprimento dos seus obxectivos é mais que dubidoso, é máis hai moitas outras asociacións e organizacións políticas xitanas que dubidan da súa boa intención.

Ademais mercan case todos os locais onde realizan as súas actividades, xuntándose cun patrimonio inmobiliario por toda a  península grazas aos cartos públicos que son de todos.

Sábese tamén que xitanos/as con verdadeiros problemas sangrantes foron abandaoados á súa sorte. Iso si, non teñen ningún problema en utilizalos diante dos medios de comunicación (fan recopilación de novas) para seguir a conseguir fondos.

Posto por MacLapfer.

Le petit Sarkozy ataca de novo

ofalarnontencancelas 12/04/2007 @ 17:05

 

 sarkopen.jpg

Despois de defender a identidade nacional, agora é o máis grande abanderado do determinismo xenético, parece ser que cre que tanto os suicidas como os pederastas o son por unha distribución xenética particular. Como me sona isto a "nacional socialismo", non hai máis que ver como coquetea con Le Pen. Pois debería ter coidado co que di "le petit Sarkozy", xa que é orixinario de Hungría e para máis inri aínda que ben que coida de non decilo nunca e todos os medios de comunicación da dereita tampouco o publicitan, dunha familia xudea.

Non se publicita porque os mesmos que utilizan argumentos "seudodeterministas" para aniquilar todo tipo de razas e pobos, ou defender valores racistas e xenófobos poderían deixar de prestarlle o voto se se enteran da orixe hebrea do "petit Sarkozy"

 

Posto por MacLapfer

Pensa o ladrón que todos son da súa condición

ofalarnontencancelas 12/04/2007 @ 10:44

 

 pp.jpg

 Non teño ningunha interese en defender a Melchor Roel, non é santo da miña devoción, pero a verdade é que os do PP despois de facelo a nivel do estado e de Galiza extenden o seu patetismo a nivel local, intentar afundir ao bipartito de Viveiro por unha hipotética irregularidade nunhas dietas do alcalde de 1200 euros. Cando en Viveiro teñen o alcalde que menos cobra de toda a mariña, e leva anos sen cobrar dietas, por ter un interventor que fai o posíbel para dinamitar as accións de goberno do bipartito.

Teremos que recordar as multitudes de irregularidades do Señor Aja,  creo que pensa o ladrón que todos son da súa condición. Eran mellores os tempos nos que se mercaba marisco coa VISA.

 

Posto por MacLpafer.

Ancares

ofalarnontencancelas 09/04/2007 @ 10:22

Nesta semana santa andivemos a pasear por estas terras, e queremos compartir esta beleza con vós.

 dsc01420.JPG

dsc01421.JPG

dsc01423.JPG

dsc01424.JPG

dsc01426.JPG

dsc01427.JPG

dsc01430.JPG

dsc01436.JPG

dsc01437.JPG

dsc01457.JPG

Posto por Fror de Toxo, Trasno e MacLapfer

Feira do queixo do Cebreiro

ofalarnontencancelas 08/04/2007 @ 11:48

Para facer país e  boca unhas fotiñas da feira do queixo do Cebreiro.

 dsc01405.JPG

dsc01402.JPG

dsc01407.JPG

dsc01408.JPG

dsc01410.JPG

dsc01412.JPG

dsc01413.JPG

dsc01416.JPG

dsc01417.JPG

A semana da paixón

ofalarnontencancelas 06/04/2007 @ 12:59

 semana-santa.JPG

Coa chegada da semana santa non nos damos librado de toda clase de manifestacións relixiosas , nada envexábeis en  calquera país ferventemente islámico.

E pensar que o de sacar os santos á rúa foi un invento da contrareforma, sobre todo nos países latinos e moi especialmente na península, para asustar ao pobo analfabeto para que non se arrimaran aos seguidores de Lutero.

Igorancia e relixión combinación moi propia do Estado Español.

Por isto reivindico que nesta semana exista unha alternativa socio cultural  laica e festiva, para os libres pensadores onde poidamos desconectar e entregarnos a outro tipo de "paixóns".

Posto por MacLapfer e Fror de Toxo

Novas Xeracións do PP.

ofalarnontencancelas 03/04/2007 @ 09:51

 generapp1.JPG

Recibín isto dunha amiga por correo electrónico e pareceume tan tenro que quería compartilo.

Posto por MacLapfer.

Para cando as beirarúas?

ofalarnontencancelas 02/04/2007 @ 18:05

Esta é a pregunta que hoxe se fan en San Marcos despois de que onte á noite un veciño sufrira un atropelo mortal. Non é a primeira vez e sen nengunha dúbida non será a última. En pouco máis de dez anos tres persoas morreron atropeladas nun tramo de menos de douscentros metros.

 A pesar da construcción da nova autovía que leva ó aeroporto, a carreteira vella que une Lavacolla con Santiago segue soportando moito tráfico. Os veciños de San Marcos teñen que sufrir un constante trafego de vehículos que baixo o pretexto de que hai unha boa recta atravesan a localidade a toda pastilla, e todo isto sen un paso de peóns, un semáforo, ou un triste tramo de beirarúa.

As citadas beirarúas foron prometidas polo concello hai anos, disque.

Hoxe síntome impotente e por iso recurro á única ferramenta da que dispoño, este blog, para facer un pouco de presión. Sei que é como tirar unha botella ó mar pero non por iso vou deixar de intentalo.

Espero que o señor Bugallo recapacite e deixe de mirarse o embigo, o rural de compostela agoniza carente dos máis elementais servizos básicos, hai parroquias que se declaran en rebeldía reclamando a independenza (sorte veciños de Enfesta) doídos polo abandono do concello e o reiterado incumplimento das promesas polas que se anexionaron a compostela. Mentras o noso alcalde so se preocupa dos grandes proxectos propios da capital, aqueles que o levan a aparecer na prensa.

Ou mellor ainda (como o señor Bugallo xa dispuxo de dúas lexislaturas e nada nos fai pensar que esté disposto a cambiar o seu xeito de actuar nunha terceira) espero que eleitoralmente recolla os froitos da súa mala xestión. Merecemos un alcalde que invirta máis na mellora dos servizos e menos en bombardearnos con propaganda.

Tamén me anoxa a cantidade de individuos amorais que xermolan nesta sociedade enferma, capaces de seguir adiante e pensar que a súa vida vai seguir igual despois de segar unha vida e fuxir para non asumir responsabilidades, pero isto será motivo doutro post.

Posto por Fror de Toxo

Philip Catherine trio

ofalarnontencancelas 01/04/2007 @ 11:54

 philip_catherine_01_bastia2006.jpg

Onte fomos os tres ao concerto de Jazz  de  Philip Catherine trio, dentro da programación compostela jazz, no auditorio de galicia.

Nin que dicer ten que nos gustou, o jazz nunca me deixa de abraiar como tres músicos poden chegar a unha confluencia tan marabillosa.

Ademáis houbo unha canción na que nos fixo partícipe ao público, na que tiñamos que imitar tatareando as notas que o guitarrista tocaba, onde por un momento todo tipo de público confluíamos tamén nun tatareo máis ou menos desinhibido. As veces a comunicación non necesita máis.

En definitiva se un día tendes a oportunidade de velos, merece a pena.

Posto por MacLapfer.